Log in with Facebook Log in
Log in

Not registered? Sign up for free »

×
O Robobo é un novo concepto de robot educativo. Consta dunha base móbil capaz de transportar un Smartphone co que se conecta de forma inalámbrica, e que fai todas as funcións de sensorización e control. O seu elevado nivel tecnolóxico, que lle permite recoñecer obxectos, sons ou caras, proporciónanlle unha capacidade de interacción co alumno capaz de converter as clases de robótica en sesións de alta implicación e motivación para nenos e estudantes de ESO e Bacharel. Robobo está acompañado dunhas guías didácticas que optimizan e facilitan o traballo do docente na escola.
O alumnado do CEIP de Viñagrande Deiro e do CEP Tegra creará imaxes "aumentadas" (a modo bits de intelixencia) para que os nenos hospitalizados comprendan mellor, accedan ao contido de maneiras diferentes (cómics, videos, textos, audios, personaxes virtuais...etc). Ao enviarlle eses traballos, o alumnado hospitalizado creará imaxes aumentadas sobre a súa vida, familia, mascota, soños...etc
REALIDADE VIRTUAL O alumnado de ámbolos dous centros preparará contido en Realidade Virtual para que o alumnado hospitalizado poida acceder a ese contido a través dunhas gafas de RV. Os contidos que lle poderiamos preparar serían: contos virtualizados, roteiros, vida e obra dun autor da contorna, historia, gastronomía, modos de vida, museos da contorna...etc. Ademais lle pediriamos que nos facilitara toda aquela información que precisamos para virtualizar algunha realidade que a él/ela lle gustaría trasladarnos: o seu barrio, a súa casa, a súa familia...etc.
IMPRESIÓN 3D O alumnado dos dous centros traballará deseñando e imprimindo material manipulativo que lle permita ao alumnado hospitalizado comprender mellor determinados contidos relacionados coas máquinas simples, os seres vivos, o corpo humano, elementos arquitectónicos, arte, historia...etc. O obxectivo é enviar este material ao alumnado hospitalizado acompañado de plans de traballo ideados polo alumnado e profesorado que dito alumno nos deberá facer chegar a través de diferentes medios electrónicos.
Nos nosos centros o alumnado aprendería como programar o ROBOBO para axudar a nenos hospitalizados a comprender, repasar ou interiorizar contidos matemáticos como: números naturais, ángulos, figuras xeométricas, tipos de rectas, perímetros, planos cartesianos, medidas,... Facilitarase un Robobo para que o alumnado hospitalizado puidera traballar eses mesmos contidos.
O obxectivo é enviar este material ao alumnado hospitalizado acompañado de plans de traballo ideados polo alumnado e profesorado que dito alumno nos deberá facer chegar a través de diferentes medios electrónicos.
PROYECTA INNOVACIÓN
creaRVigo: Paseo de Alfonso XII
Entrada al mundo de creaRVigo, el proyecto de conocimiento de Vigo explicado en Realidad Virtual por los Tigres y Gallifantes del CEP Santa Tegra