¿Que é un ecosistema?

Un ecosistema é o conxunto dos seres vivos (a biocenose) e o medio (o biotopo) e as relación que manteñen entre eles.

O biotopo é o sustrato e o conxunto de características abióticas (luz, temperatura, presión, concentración de gases....) e condicións climáticas (vento, choiva, temperatura....).

A biocenose é o conxunto dos seres vivos que forman un ecosistema nun mesmo tempo e espazo.

Pode haber relacións entre a biocenose consego mesma ou co biotopo. De ser consego mesma,distingimos dous tipos de relacións: relacións intraespecíficas (mesma especie) e interespecíficas (distinta especie).

RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS:

-COMENSALISMO: por exemplo, o tiburón e a rémora. Nesta relación, un dos organismos que a forman sae beneficiado mentres que o outro nin se perxudica nin se beneficia.

-SIMBIOSE: por exemplo, os líquens. Os dous individuos se benefician mutuamente e están unidos físicamente.

-MUTUALISMO: por exemplo, o pez pallaso e a anémona. É o mesmo que simbiose, pero neste caso non están unidos físicamente.

-DEPREDACIÓN: por exemplo, o león e a cebra. Un individuo dunha especie (o depredador) mata a outro individuo doutra especie (presa) para alimentarse del.

-PARASITISMO: por exemplo, as garrapatas dos gatos. Un organismo se aproveita doutro provocándolle un dano paulatino.

-COMPETENCIA: é a loita pola comida, a auga, o espazo..... Tamén é unha RELACIÓN INTRAESPECÍFICA. Por exemplo...

Rel. intraespecífica: dous leóns loitan por unha cebra.

Rel. interespecífica: un aguia e un lobo loitan por un coello.

RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS:

-TRÓFICAS: Son as relacións alimentarias que se establecen entre os individuos.

-DE DEFENSA: Os individuos dunha mesma especie se defenden entre si doutras especies.

-DE REPRODUCIÓN: Busca de parella para a continuidade da especie.

This site uses cookies to deliver our services. By using our site, you acknowledge that you have read and understand our Terms of Service and Cookie Policy. Your use of ThingLink's Products and Services, is subject to these policies and terms.