Log in with Facebook Log in
Log in

Not registered? Sign up for free »

Excursións ENCIGA 2015

×
Loading..

Related images

1.- ZONA MONUMENTAL E CAMIÑO DE SANTIAGO Percorrido urbano pola zona monumental de Sarria visitando: Rúa Maior (casas señoriais e os seus escudos), Igrexas de Santa Mariña e San Salvador, Torre do Batallón e Mosteiro da Madalena. Duración:1’30 horas. Continuaremos polo Camiño de Santiago até Barbadelo pasando pola ponte romana da Áspera. Duración aproximada da ruta a pé, 1 hora. Recoméndase calzado cómodo para camiñar. Regreso en autobús. Número de prazas: 55 1.bp.blogspot.com
2.- SAMOS E ARREDORES Visita ao Mosteiro de Samos, Capela do Ciprés, San Cristovo do Reale Pazo de Lusío (casa natal de D. Vicente Vázquez Queipo). Número de prazas: 55 4.bp.blogspot.com
3.- COVA EIRÓS Visita á Cova Eirós, situada no Concello deTriacastela e cun importante xacemento arqueolóxico do Paleolítico Medio, no que destacan manifestacións de arte parietal. Breve parada en Samos á volta da visita. Precísase botas de montaña e lanterna. Non se aconsella está actividade aos que sufran vertixe ou claustrofobia. A condición física de be ser boa. Número de prazas: 18 covaeirosdocumental.wordpress.com Una historia sobre nuestros orígenes
4.- O CEBREIRO Visita ao poboado prerromano do Cebreiro, entrada do Camiño de Santiago a Galicia. Situado a 1.330 m de altitude destaca polas súas pallozas e a súa igrexa prerrománica do século IX. As vistas panorámicas da zona son únicas é fan da viaxe ata este lugar unha experiencia inesquecible. Número de prazas: 55 4.bp.blogspot.com
5.- MINA DE MAGNESITAS DE RUBIÁN A mina de Rubián explota a magnesita dende o ano 1963. Trátase dun xacemento que polo volume de reservas e a súa calidade é un dos mellores do mundo. Descenderase nun vehículo polas súas galerías, visitando unha parte das mesmas. Dende a cámara almacén, situada a 200 metros de profundidade, continuarase a pé e poderase observar a extracción do mineral. Unha vez fóra visitarase a planta na que se tritura e calcina o mineral para a obtención da magnesita cálcica. Hai que levar botas de montaña. Número de prazas: 36 www.lavozdegalicia.es La Voz de Galicia