Plano da biblioteca
Nesta sección da biblioteca, temos a literaratura en lingua galega. Os libros levan un punto amarelo no canto para diferencialos das obras en lingua castelá. A sección está dividida en Narrativa (N), Teatro (T), Poesía (P), Ensaio (E), Obras de consulta de lingua (806.99) e Obras de consulta de literatura (869.9)
Aquí están as revistas e a prensa diaria.
Este é o expositor de NOVIDADES, nos caixóns están os CD de música.
Nesta sección atoparás a literatura en lingua castelá. As subseccións son as mesmas ca en lingua galega: Narrativa (N), Teatro (T), Poesía (P), Ensaio (E), Obras de consulta de lingua (806.0) e Obras de consulta de literatura (860).
Aquí, á dereita mirando cara ao fondo, están as películas e á esquerda, os cómics en lingua galega (con punto amarelo) e en lingua castelá.
Esta é a zona de ordenadores. Temos oito.
A área de lectura informal con sofá, sillón e mesiñas para unha lectura máis lixeira.
Nestes módulos, temos as obras en lingua francesa e lingua inglesa. Hai un código de cores que che orientará sobre a súa dificultade: dende o máis sinxelo, o amarelo, ata o nivel avanzado, o branco, pasando polo verde, azul, vermello e marrón.
Aquí están as obras literarias de Grecia e Roma e tamén gramáticas e dicionarios de latín e grego, libros de mitoloxía, novela histórica ambientada na antigüidade grecolatina, obras de consulta...
Nestes dous módulos atoparás obras de Enxeñería técnica, Informática, Física e Química, Astronomía, pero tamén na parte inferior Economía, Dereito e Traballo.
Aquí, Matemáticas, Ciencias naturais e da saúde e na parte baixa Deportes.
Nestes andeis atoparás Música, Relixións e Biografías.
Aquí, todo o que hai sobre Arte na nosa biblioteca.
Esta é a sección de Xeografía e Historia.
Aquí, Antropoloxía, Socioloxía, Filosofía e Ética.
Para rematar Dicionarios e Enciclopedias. Tamén hai algún dicionario na libraría central para telos máis á man desde os postos de lectura.
Este é o lugar de traballo do persoal da biblioteca.
Depósito de acceso restrinxido.
Nesta mesa está o novo material que se vai rexistrar e catalogar.

This site uses cookies to deliver our services. By using our site, you acknowledge that you have read and understand our Terms of Service and Cookie Policy. Your use of ThingLink's Products and Services, is subject to these policies and terms.